|
| | | ARTÍCULOS DE PRENSA FETEGA 2009 |
|
| | | TEMOS UN ANO POR DIANTE PARA RECIBIR O FETEGA 2010 |
O Festival de Teatro Galego do Carballiño medra en público cada día, cunha media de 150 espectadores o día, Grazas as compañías por facernos soñar e mostrarnos os seus traballos. Grazas aos colaboradores privados e públicos e a vós, querido e respetado público. Vémonos no Carballiño. Temos cita co Teatro Galego. |
|
| |
Os premios FETEGA diste foron:
MELLOR ACTRIZ: PATRICIA DE LORENZO (compañía Chévere_obra: testosterona) MELLOR ACTOR: ERNESTO CHAO (compañía Lagarta Lagarta_obra: o segredo dos hoffman) MELLOR ESPECTÁCULO otorgado polas votacións do público: TEATRO DE NINGURES (obra: atrabilis) Proximamente publicaremos toda a información na web. Grazas por asistir e apoiar o FESTIVAL DE TEATRO DO CARBALLIÑO!!!!!!! |
|
 |
| | | HOXE GALA ENTREGA PREMIOS FETEGA 09!!! |
Hoxe a partir das 22:00 h. no MULTIFUNCIONAL do Carballiño celebrarase a "Gala de Entrega de Premios Fetega 2009", coñeceremos cal e a obra que se levará o Premio do Público e tamén coñeceremos quen será a mellor actriz e o mellor actor, segundo o xurado, do Fetega 2009.Tamén entregarasé o Premio Honorífico Fetega 09 ao actor e director XULIO LAGO. A Gala será presentada por CÉSAR CAMBEIRO e contará coas actuacións da compañía SAN & SAN e do cantautor carballiñés ROBERTO SOBRADO Vémonos no Carballiño.
|
|
 |
| |
Segunda estrea e cuarto día, combinación gañadora! Xa foron tres espectáculos que calaron fondo... poesía e música, segredos e prospectos... E para deixar a mellor pegada e ganas do FETEGA 2010 o espectáculo Atrabilis, de TEATRO DE NINGURES... que ben seguro nos deixará un bo recordo! Atrabilis: Nazaria, Daría e Aurora son tres irmás xa anciás que viviron toda a súa vida xuntas nunha grande casa dunha aldea calquera. Esta noite de xoves están reunidas para velar o cadáver do marido de Nazaria, a única que casou, acompañadas da fiel criada de Nazaria, Ulpiana. E será ao redor deste velorio onde saian á luz as eternas querelas entre as irmás e eses segredos ocultos que permaneceron alí, latexantes, durante cincuenta anos. Actores: Casilda García, Sonia Rúa, Josi Lage e Fran Paredes. Dramaturxia: Laila Ripoll Dirección: Etelvino Vázquez
Actores |
|
 |
| | | TERCEIRO DÍA DO FESTIVAL!!! |
Despois de que onte pola noite as dúas actrices da compañía CHÉVERE conseguiran emocionar, facernos rir e participar ao numeroso público que asistiu á segunda xornada do festival, hoxe tócalle a quenda á Compañía TEATRO NU coa súa obra "Coa palabra na lingua" "Coa palabra na lingua": Concerto en dúas linguas para dous actores e un músico Dous actores de diferentes nacionalidades, diferentes linguas, aínda que unidos por moitas afinidades culturais, constitúe un problema á hora de deseñar un proxecto? Nós cremos que non. Consideramos que a convivencia do galego co portugués é posíbel. Por iso buscamos, nun xénero límite, como é a poesía, o encontro teatral de dúas formas de falar distintas.
Actores: Mónica Camaño, Zé Paredes e Anxo Graña Dramaturxia: Varios Dirección: Zé Paredes
|
|
 |
| | | SEGUNDO DÍA DO FESTIVAL!! |
Desvelado o Segredo! Onte ás 22 30h comezou o FETEGA09 coa estrea de Lagarta Lagarta e o seu espectáculo O segredo dos Hoffman. Moita xente, máis do 80% do aforo, congregouse para gozar da calidade interpretativa dos compoñentes desta compañía, baixo a dirección de Rosa Álvarez. Desexemos longa e reveladora xira a este espectáculo que foi recibido en Carballiño co cariño que merecían! Quedamos hoxe para recuncar? CHÉVERE coa obra Testosterona!... Non o perdas!!
"Testosterona": Tito e Fran son dous colegas que acaban de montar un grupete de punk-rock, Os Dildos. Hoxe terán que tocar eles dous sós, guitarra e batería, porque Luismi, o baixista, deixou o grupo antes de que puidesen dar o seu primeiro concerto. Tito é a figura carismática dos Dildos, un guitarrista curtido en todo tipo de conflitos e disputas. Fran é o cerebro do grupo, un baterista atípico que escribe coa mesma contundencia coa que golpea na caixa.
Actores: Natalia Outeiro e Patricia de Lorenzo. Dramaturxia: Patricia de Lorenzo, Natalia Outeiro e Xesús Ron. Dirección: Xesús Ron
|
|
 |
| | | HOXE ARRANCA O FETEGA 09!!!! |
Hoxe comenza o Fetega 09 ca actuación da compañía LAGARTA LAGARTA coa estrea da obra " O Segredo dos Hoffman": " O Segredo dos Hoffman": Catro membros dunha familia, rota por un segredo oculto durante anos, reúnese co motivo do falecemento da avoa Constanza. Os seus recordos, soños e anhelos describen un universo pechado, de enorme carga emotiva, nun texto coral que esmiúza unha historia intensa e envolvente Actores: Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constela e Rebeca Montero. Dramaturxia: Roberto Salgueiro e Alejandro Palomas. Dirección: Rosa Álvarez
|
|
 |
| | | FETEGA... SENTES O LATEXO? |
O venres 4 de setembro, tres días antes de comezar, foi a Presentación aos medios do programa do FETEGA09!, teatro para ver e tamén para facer: catro espectáculos, dous deles son estreas, e dous obradoiros, de improvisación e zancos... Nada máis e nada menos!
Coa presenza de representantes das institucións públicas, Concello de Carballiño, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia, e arroupados polo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Vicente Montoto, e por Ernesto Chao, membro de Lagarta Lagarta que actúa o luns 7, Josi Lage compartiu cos medios a calidade dos espectáculos escollidos para esta edición que xa cumpre cinco anos amosando o mellor teatro galego!. Vémonos no Carballiño! a presentación do Fetega nos medios: La Región_la Voz de Galicia_Faro de Vigo |
|
 |
| | | ROLDA DE PRENSA PRESENTACION FETEGA 09 |
Hoxe as 12:30 h no salón de plenos de O Carballiño terá lugar a rolda de prensa, para presentar o 5º Festival de Teatro Galego do Carballiño.Mañá publicaremos toda a información na web. |
|
 |
| |
 pincha para ampliar | Benvidos un ano máis ao Festival de Teatro Galego do Carballiño! A piques está de comezar, con nervios, emoción, luces... e estreas! Vén cargadiño o FETEGA! Catro días intensos, dúas estreas, e unha gala que promete deixar bo sabor de boca! Non é doado manter un festival, pero o do Carballiño estase nutrindo e medra san! Aínda queda no recordo os participantes de 2008, Extrarradios de Teatro do Noroeste, a obra gañadora pode sentirse no cartel! E chega o 2009 con Lagarta Lagarta, Teatro Nu, Chévere e Teatro de Ningures... Pasen e vexan, o espectáculo vai comezar!!! . | Descarga a programación en pdf Descarga a programación en doc PROGRAMACIÓN: Día 7 : Lagarta Lagarta Día 8 : Chévere Día 9 : Teatro Nu Día 10 : Teatro de Ningures Día 11 : Gala Premios Fetega 09 Horario das funcións: 22:30 horas Precio da entrada:5 euros Bono festival: 15 euros Funcións no Multifuncional do Carballiño_ourense excepto día 11 na Praza das Monxas ás 22 horas ESPECTACULO DE RÚA Todos os días pola Compañía Zancalino Obradoiro de iniciacion de manexo de zancos impartido pola compañía zancalino produs s.l. Hora: 19:00 os días 7,8,9,e 10. OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN Será impartido por Mariana Carballal no Carballiño, do 7 ao 10 de Setembro. Lugar, datas e duración: Do 7 ao 10 de Setembro no Centro Multifuncional do Carballiño dentro do Festival de Teatro Galego do Carballiño (FETEGA). A duración será de 16 horas en horario de mañá de 10.00h a 14.00 h. Descarga toda a información sobre o obradoiro Descarga o formulairo de incripción para o obradoiro |
|
|
 |
 |
|