O venres 4 de setembro, tres días antes de comezar, foi a Presentación aos medios do programa do FETEGA09!, teatro para ver e tamén para facer: catro espectáculos, dous deles son estreas, e dous obradoiros, de improvisación e zancos... Nada máis e nada menos!
Coa presenza de representantes das institucións públicas, Concello de Carballiño, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia, e arroupados polo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Vicente Montoto, e por Ernesto Chao, membro de Lagarta Lagarta que actúa o luns 7, Josi Lage compartiu cos medios a calidade dos espectáculos escollidos para esta edición que xa cumpre cinco anos amosando o mellor teatro galego!. Vémonos no Carballiño! a presentación do Fetega nos medios: La Región_la Voz de Galicia_Faro de Vigo
|