Fetega
Fetega
» Patrocinadores
» Situación
Programacion
Prensa
Galeria



Opcións
Agregar Nova
Listado de Novas
Enlaces
Foros

Confidencialidade

Membros
Membro: 
Contrasinal: 

Crear conta 
Membros rexistrados: 11
Idiomas
Escolle Idioma: 
Correo electrónico:
info@fetega.com


Xunta de Galicia
Deputación de Ourense
IGAEM
Arteficción
Nove Dous Teatro
Caixanova
Concello do Carballiño
*
Novas
» GALA PREMIOS FETEGA 07

Xa podedes ver o cartel da GALA "PREMIOS FETEGA 07"
este ano a parte da entrega de premios
contámos cas actuacións de:
ELPARARRAYOS
música alternativa en acústico
MAGO ROMONDI
maxia
AVELINO GONZALEZ
monólogos
NATALIE BAX
danza oriental
no o esquezas, será o venres 7 de setembro
a partir das 22:00, entrada gratuita

Enviado por admin
o 31 de Agosto do 2007 as 15:50

0 Comentarios
» FETEGA 2007 do 3 ó 7 de SETEMBRO
FETEGA 2007 do 3 ó 7 de setembro
Despois do exito acadado na anterior edición do Fetega a Nova Edicion do “Festival de Teatro Galego do Carballiño-Ourense” celebraráse o vindeiro mes de setembro concretamente do 3 ó 7 no Multifuncional do Carballiño, as actuacións serán as 22:30 h. e o precio da entrada son de 5 euros. O día 7 se celebrará a “2ª Entrega dos Premios Fetega-07” onde se entregarán o “Premio Fetega a Mellor Actriz” o “Premio Fetega o Mellor Actor” que serán otorgados polo xurado de Fetega composto por personalidades relevantes dentro do teatro galego, e tamén se entregará o “Premio o Mellor Espectáculo” otorgado polas votacions do público que asista o festival.
Esta edición do Fetega non sería posible sen a participación das seguintes  institucións e empresas: Xunta de Galicia-Consellería de Cultura , Deputación de Ourense, Igaem, Caixanova, Arteficción s.l., Novedous Teatro, e o Concello do Carballiño.Nos vindeiros días colocaremos na web a programación definitiva do Fetega 07. 

 Día 3 de setembro
FULANO, MENGANO E CITANO
Presentan: ARTE
Día 4 de setembro
NOVEDOUS TEATRO
Presentan: AS VECES SENTOMONOS TAN CANSOS QUE FACEMOS ESTAS COUSAS
Día 5 de setembro
TEATRO DO NOROESTE
Presentan: ROMEO E XULIETA
Día 6 de setembro
BACANA
Presentan: HENDAYA, MON AMOUR
Día 7 de setembro
Gala Entrega “PREMIOS FETEGA”

Enviado por admin
o 07 de Agosto do 2007 as 18:57
Ler Mais
0 Comentarios
» Programacion 2006
FESTIVAL DE TEATRO GALEGO DO CARBALLIÑO
DO 4 Ó 8 DE SETEMBRO 2006 AUDITORIO DO CARBALLIÑO
OURENSE

HORA:
22:30 EXCEPTO DÍA 4 HORA: 20:30
ENTRADA:
5 €

PROGRAMA:


DIA 4
ESTREA DA COMPAÑÍA OURENSA LA IMAGINA MACHINA CA OBRA “ A VIAXE DE EFI” DE SUSO DÍAZ DIRECCION DE SUSO DÍAZ


SIPNOSE:

Efi é unha pequena mosca efémera que acaba de nacer. A súa nai antes de tomar o seu definitivo camiño animaa a que desfrute da vida que ten por diante, que non lle importe o tempo senón o que fai con el, que desfrute, viva e se divirta con precaución.
Por que vida só hai unha, aída que sexa curta, longa, se traballe ou se xogue, se aprenda ou se camiñe.
Dende ese momento Efi vivirá momentos ledos, tristes, fantásticos, coñecerá a outros habitantes dos bosques que lle ensinarán a súa forma de ver a vida, e sobre todo, de cómo aproveitala.
E ao final…







Reparto artístico.
Elenco:
Nati Borrajo
Tito Asorey
María Gallego
David Varela

Música en directo de: José Lameiras

Colaboración especial de: Ledicia Álvarez “lele” e Galicia Gutiérrez “gali”

Enviado por admin
o 29 de Agosto do 2006 as 16:47
Ler Mais
2 Comentarios
» Programacion 2005
Información completa das obras 2005




O Festival de Teatro Galego do Carballiño 2004 foi un éxito tanto de programación nos espectáculos, como de asistencia de público, polo auditorio do Carballiño pasaron nos catro días de Festival preto de 700 persoas. Neste vindeiro 2005 queremos volver a celebrar un Festival que sexa un referente na vida cultural da comarca e por suposto de toda Galicia.

Gracias a iniciativa da empresa Arteficción de Ourense e A Compañia teatral Nove-Dous, S.L. do Carballiño, Queremos consolidar e recuperar dun xeito estable unha das citas máis importantes do Teatro Galego, despois da edición celebrada no 2004. Este no pretendemos dar un novo paso no cal tentaremos consolidar de novo un Festival que era un dos referentes culturais de Galicia.
O noso propósito e pasar de catro días de Fetega a seis, programar unha compañia máis e pechar o Festival en Domingo para programar un espectáculo infantil.
Enviado por admin
o 27 de Decembro do 2004 as 12:27
Ler Mais
0 Comentarios
» Programacion 2004
O Fetega rematou o pasado día 10 de setembro, foron catro días de intenso teatro no Carballiño.

Este ano era o comenzo dunha nova andaina, na cal os organizadores (Novedous teatro e Arteficción), puxeron da súa parte todo o posible para que este Festival se pusexe de novo en marcha e así poder darlle unha continuidade.

A valoración non pode ser mais optimista, conseguimos que a xente do Carballiño, Ourense e Comarca asistise o Festival, logramos unha programación variada e que a xente quedase contenta co resultado obtido nestes catro días.
Enviado por admin
o 27 de Decembro do 2004 as 12:26
Ler Mais
0 Comentarios
 © Fetega  Virtual Ciber